Evento: Os mortos daquel verán

Os mortos daquel verán
mércores, 17 maio, 2017 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Os mortos daquel verán

Talía Teatro e o CDG presentan unha aproximación escénica a esta novela de Carlos Casares

Dirección: Artur Trillo
Autoría: Carlos Casares

Sinopse: A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso. O pulo para acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son as forzas que inspiran esta proposta escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraordinaria solvencia narrativa.
 

Ficha artística:
Elenco: Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, Artur Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos e Xurxo Barcala
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Fernando Fraga
Produción executiva: Áurea Ferreiro
Duración: 90 minutos
Idade recomendada: N.R.M 13 anos

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
1 de agosto
Praza do Floreal
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
1 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
2 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato