Evento: Stratos (La piedra siempre estuvo allí)

Stratos (La piedra siempre estuvo allí)
venres, 12 xuño, 2026 - 20:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Stratos (La piedra siempre estuvo allí)

Residencias Paraíso. Mostra aberta ao público.

Un encontro fortuíto cun tecnofósil enviado desde unha época futura marca varios acontecementos dunha viaxe na que estableceremos contacto, a través de sistemas de comunicación bioquímica, con seres unicelulares, poñendo de manifesto como o micro afecta o macro, materia que vibra e nos afecta, creando relacións, efectos e posibilidades.

Unha posta en escena que se articula en diferentes capas que dialogan entre si: música viva, materia vibrante, o non humano, microorganismos como axentes activos no escenario. Voces de pensadores e pensadoras como Bruno Latour, Blaise Pascal ou Lynn Margulis acompáñannos nesta viaxe sensorial.

A música, o cinema e o escénico entrelázanse e unen forzas para crear unha linguaxe común. BFlecha, Mwëslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld conflúen para xerar unha forza colectiva maior.

Espectáculo creado ao abeiro das Residencias Paraíso 2026 polo equipo multidisciplinar formado pola compositora e cantante galega BFlecha, o produtor musical galego Mwëslee e a cineasta e montadora galega Diana Toucedo coa colaboración dos artistas performativos Federico Vladimir & Pablo Lilienfeld.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Monxa Millo Sentinela
19 de xuño
Salón Teatro
A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis
Biblioteatro (7-10 anos)
4 de outubro a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola