Evento: Ritmo Refugallo

Ritmo Refugallo
sábado, 13 xullo, 2019 - 12:30
Campo da Barreira,
Allariz

Ritmo Refugallo

Teatro de rúa do Trío Refugallo

A animación, o clown e a música toman as rúas con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de grandes músicos e actores con experiencia en compañías e grupos como Odaiko, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Os Tres Trebóns... Coa dirección de Fran Rei, esta mestura de clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público crean un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Animais artistas e outras cousiñas
31 de agosto, 10:00
Escolas Vellas - Xunqueira de Ambía - Ourense
Dende arriba
31 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña