Evento: Davide Salvado

Davide Salvado
sábado, 25 marzo, 2017 - 20:30
Capela de Santa María,
Lugo

Davide Salvado

Concerto intimista con temas do seu último traballo, Lobos

Organizado polo Centro de Artesanía e deseño de Lugo, a capela de Santa María de Lugo está a ser escenario dun ciclo de concertos. Tras Rosa Cédrón, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, tócalle a quenda a Davide Salvado. A entrada será por convite chamando ao teléfono 982210066.

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

No directo, Davide Salvado (voz, pandeireta e pandeiro cadrado) está acompañado de Santi Cribeiro (acordeón), Pablo Dalama (saxo e frautas) e Carlos Freire (percusión).

Máis eventos de tipo Concerto

DOA
25 de xuño
Igrexa de San Domingos de Tui
Quiquiriquí
26 de xuño
Espazo Lorenzo Varela
As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés