Evento: Farois Chineses da boa sorte (Deng Long)

Farois Chineses da boa sorte (Deng Long)
venres, 10 febreiro, 2017 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Farois Chineses da boa sorte (Deng Long)

Celebramos o ano novo chinés

Un grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣 ) e Miguel Cortés Hernández (米東方) realizan este obradoiro.

Na véspera do día 15 do primeiro mes lunar, festa dos farois en China e todo o Extremo Oriente, construímos dunha forma sinxela e divertida estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos carácteres chineses da boa sorte.

A continuación, os membros da Asociación Qu Yan trasládanse coas familias ao lago do parque da Música en Compostela, fronte ao auditorio de Galicia para botalos á auga e gozar deste momento de bos propósitos para o Novo Ano do Galo.

Salón de actos, diríxese a persoas de 6 a 100 anos. Precísase inscrición previa, máximo 40.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
11 de agosto a 22 de agosto
Museo do Castro de Viladonga
Inspirar para crear
INSPIRAR PARA CREAR
12 de agosto a 14 de agosto
Museo de Belas Artes