Evento: Farois Chineses da boa sorte (Deng Long)
Farois Chineses da boa sorte (Deng Long)
Un grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣 ) e Miguel Cortés Hernández (米東方) realizan este obradoiro.
Na véspera do día 15 do primeiro mes lunar, festa dos farois en China e todo o Extremo Oriente, construímos dunha forma sinxela e divertida estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos carácteres chineses da boa sorte.
A continuación, os membros da Asociación Qu Yan trasládanse coas familias ao lago do parque da Música en Compostela, fronte ao auditorio de Galicia para botalos á auga e gozar deste momento de bos propósitos para o Novo Ano do Galo.
Salón de actos, diríxese a persoas de 6 a 100 anos. Precísase inscrición previa, máximo 40.
Máis eventos de tipo Obradoiro