Evento: Terracotta Warriors. The army of the first emperor of China
Terracotta Warriors. The army of the first emperor of China
Terracotta Warriors. The army of the first emperor of China
Os guerreiros de Xi´an na cidade olívica
FARO DE VIGO leva o exército de terracota ao porto deportivo de Vigo, cunha mostra que reproduce a maxia do foso onde se atopan as pezas orixinais, aínda que os guerreiros son réplicas homologadas do xacemento arqueolóxico máis grando do mundo (211 a.C.), moi complicado de ver, xa que apenas sae de China.
Dende o ano 1987 están considerados como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e en 2010 os seus descubridores e excavadores oficiais -a arqueóloga XuWeihong e o seu equipo- recibiron o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.
Un documental recibe aos visitantes para situalos nos antecedentes desta historia que comezou no ano 1974, cando uns campesiños descubriron a primeira cabeza de terracota.