Evento: O conto da Azuzaina

O conto da Azuzaina
domingo, 17 decembro, 2017 - 12:00
Auditorio Municipal do Carballiño,
O Carballiño
Espectáculo de teatro infantil da compañía Limiar Teatro

Sinopse: Cando nos din árbore cada un imaxina unha cousa. Imaxinas una palmeira ou un carballo, ou un piñeiro ou un salgueiro. Coas familias acontece o mesmo, cada unha é diferente pero todas son familias. Non existe a familia “normal”. E nesta historia de historias, familia de familias pasa o mesmo; cada historia é distinta, cada estilo é diferente. A orfandade, a adopción, o divorcio, familias homoparentais, numerosas ou monoparentais son a base para o xogo de tres actores usando o circo, a música e a divulgación científica como xeitos de expresión.

 

Un espectáculo que achega á diversidade familiar na sociedade actual fomentando a tolerancia, respecto e empatía entre os máis pequenos.

 

A orixinalidade deste espectáculo radica no agarimo no trato de temas tan sensibles dende a sinxeleza do xogo. Preséntase o espectáculo como xogo divertido, sinxelo, pero que permite introducirse en aspectos de grande profundidade.

 

Que é unha familia normal? A túa!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Levaino!
20 de xuño, 22:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Monstros no camiño
27 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra