Evento: Reproducións de pezas de cerámica castrexa do Castro de Viladonga

Reproducións de pezas de cerámica castrexa do Castro de Viladonga
venres, 15 xullo, 2016 a venres, 30 setembro, 2016
Museo do Castro de Viladonga,
Castro de Rei

Reproducións de pezas de cerámica castrexa do Castro de Viladonga

Estas réplicas forman parte do Obradoiro experimental de cerámica castrexa da Fundación Terra Termarum de Castrolandín (Cuntis)

Neste proxecto de investigación fixéronse reconstrucións de pezas de toda Galicia, pero para esta mostra no Museo de Viladonga figuran únicamente as 11 pezas deste castro.
Trátase de pezas cerámicas rigurosamente documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as referencias históricas en canto a formas, decoracións, texturas e acabados, permitindo  unha visión máis real das pezas orixinais.
Estas reconstrucións realizadas a partir dos fragmentos cerámicos que aparecen nas escavacións permiten unha mellor lectura e comprensión das súas funcións, formas, tamaños e decoracións.
Como complemento á exposición faranse a finais do mes de setembro dous obradoiros: un de elaboración de pezas e outro para a súa cocción nun forno feito na contorna do castro, a cargo do persoal de Terra Termarun.
Esta mostra puido realizarse gracias a colaboración da Fundación Terra Termarum de Castrolandín, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Deputación de Lugo.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés