Evento: A conexión de Monforte con Castela e Nápoles no século XVI

A conexión de Monforte con Castela e Nápoles no século XVI
domingo, 28 agosto, 2016 - 10:30
Colexio Nosa Señora da Antiga,
Monforte de Lemos

A conexión de Monforte con Castela e Nápoles no século XVI

Visita a un dos patrimonios renacentistas máis singulares de Galicia

Nesta andaina de Monumenta visitarase un dos patrimonios renacentistas máis singulares de Galicia: o mosteiro e a igrexa de San Vicente do Pino, o colexio de Nosa Señora da Antiga e o convento das Clarisas.

A etapa histórica da construción destes edificios monfortinos está asociada ao padroado dos Condes de Lemos, amigos das artes e as letras e protectores e mecenas de escritores e artistas, entre
eles, Miguel de Cervantes. O seu vínculo coa corte de Castela e co Virreinado de Nápoles abriu un camiño para a chegada das correntes artísticas europeas a esta vila do interior de Galicia.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Juan Manuel Monterroso, doutor en Historia da Arte decano na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Marta Becerro Manso, da empresa Tomos, restauradora especialista en pintura. Nas visitas aos edificios contarase coas explicacións do respectivos profesionais que realizan as guías aos museos.

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
ReDescubrindo Ourense. A Esmorga
27 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense