Evento: Celebración do Día do Libro
Celebración do Día do Libro
Durante a semana do 18 ao 23 de abril a Biblioteca realiza unha Campaña de liberación de libros. Os libros libéranse por diferentes espazos da nosa biblioteca e as persoas interesadas poden escoller os libros que queiran levar a casa entre unha gran variedade. Despois de lelos, poden á súa vez deixalos nalgún lugar da nosa cidade para que outra persoa goce coa súa lectura.
Sorteo de lotes de libros entre todos aqueles usuarios que leven un libro en préstamo o día 23 de abril. Este sorteo realízase o 25 de abril co noso programa informático, que elixe de forma aleatoria ás persoas agraciadas ás que se lles comunica por teléfono a consecución do agasallo.
O día 22 de abril hai visitas guiadas extraordinarias en dúas quendas, ás 12:00 e ás 16:00 h.



