Evento: Celebración do Día do Libro

Celebración do Día do Libro
luns, 18 abril, 2016 a luns, 25 abril, 2016
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Celebración do Día do Libro

Actividades de celebración e sorteo

Durante a semana do 18 ao 23 de abril a Biblioteca realiza unha Campaña de liberación de libros. Os libros libéranse por diferentes espazos da nosa biblioteca e as persoas interesadas poden escoller os libros que queiran levar a casa entre unha gran variedade. Despois de lelos, poden á súa vez deixalos nalgún lugar da nosa cidade para que outra persoa goce coa súa lectura.

Sorteo de lotes de libros entre todos aqueles usuarios que leven un libro en préstamo o día 23 de abril. Este sorteo realízase o 25 de abril co noso programa informático, que elixe de forma aleatoria ás persoas agraciadas ás que se lles comunica por teléfono a consecución do agasallo.

O día 22 de abril hai visitas guiadas extraordinarias en dúas quendas, ás 12:00 e ás 16:00 h.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola