Evento: PLAY. Historia de Mestre e Pupilo
PLAY. Historia de Mestre e Pupilo
Bandullo Azul regresa aos escenarios da man de Evaristo Calvo para presentarnos a historia de Maestro e de Pupilo.
Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando por todo o mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatrino, pero non vén só. Decidiu fai un tempo que hai de retirarse e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor.
Entre os dous xurdirán varios conflitos, porque aínda que Maestro quere deixalo, non quere que o seu espectáculo mude. Pola súa banda, Pupilo, dunha xeración distinta, quere facer cousas anovadoras, máis acordes cos tempos. Os desencontros converterán cada función nunha amálgama de problemas que terán que resolver para que o espectáculo continúe.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



