Evento: A Gramola Gominola en concerto
A Gramola Gominola en concerto
Músicos: Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería)
A Gramola Gominola é un grupo de música rock para o público familiar, que presenta o novo libro/CD editado por Galaxia, na súa colección Sonárbore a partir de abril do 2017.
No novo disco o grupo segue apostando polo rock e posiciónase como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar. Grandes temas que, a partir de agora, poderedes escoitar nas voces dos vosos fillos, como xa fieran cona "A fábrica de Carmela", "Pita récords" e moitos máis.
Unha propsota de calidade que garante diversión para disfrutar en familia a través da música.
No seu repertorio hai temas con diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, punk ou reggae.
PREMIO MARTIN CODAX DA MÚSICA 2018 A MELLOR GRUPO INFANTIL
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios