Evento: Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos

  • Portada do libro
  • Banner Venres nas Librarías
Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos
venres, 13 novembro, 2015 - 20:00
Casa del Libro,
Vigo

Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos

Presentación do libro de Mary Quintero editado por Xerais

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en varios capítulos: fotografía coloreada, retoque analóxico, proxector de fondos, época romántica, cambio de estilo, ambientación, cerimonias, retrato, etc.

Ao finalizar, móstrase unha pequena selección da súa pintura, coñecemento indispensable do seu percorrido profesional, onde segue usando a imaxe fotográfica como base.

Este libro forma parte do programa de presentacións das últimas novidades editorias de Venres nas librarías.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos