Evento: A música dos seres vivos

  • Portada do libro
  • Banner Venres nas Librarías
A música dos seres vivos
venres, 30 outubro, 2015 - 19:00
Libraría Trama,
Lugo

A música dos seres vivos

Presentación do libro de María Reimóndez editado por Xerais

Presentación en Venres nas librarías da última novidade de María Reimóndez.

Sinopse: Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos.

María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas
12 de marzo a 10 de abril
Centro Galego de Arte Contemporánea
Peza do mes: Gravado sobre cerámica. Baños de Río Caldo (Lobios, Ourense)
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Arqueoloxía en Monodose
17 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense