Evento: Xeixos

  • Portada do libro
  • Banner Venres nas Librarías
Xeixos
venres, 2 outubro, 2015 - 19:30
Libraría Trama,
Lugo
Presentación do libro de Suso Lista editado por Embora Edicións

Presentación a cargo do propio autor, Suso Lista, e do editor Miguel Toval, dentro do programa de encontro entre lectores e autores en Venres nas librarías.

Moi duro debe resultar o inverno en Corme para que o seu cronista principal sexa un percebeiro que un bo día, vendo a resignación da xente na terra, decidiu ollar para este lado e contarnos o que acontecía. Nos trinta relatos do libro desvélase o mundo enteiro.

Suso Lista Neira (Corme, 1.962) é actor, guionista, director radiofónico e docente teatral. Participou en series de TV como Mareas vivas, Padre Casares e Libro de familia ou películas como Celda 211. En 2.014 publicou "Salseiros", o seu primeiro libro de relatos, que acadou a segunda edición nesta editora ese mesmo ano, foi seleccionado entre os mellores libros do ano polos lectores da web Fervenzas Literias e resultou finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción que concede a Asociación Galega de Editores.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello