Evento: Romaría da Nosa Señora dos Milagres
Romaría da Nosa Señora dos Milagres
Celébrase o 8 de setembro. A súa antigüidade remóntase ao século XVI.
O domingo anterior ao 8 de setembro, a imaxe da Virxe trasládase en peregrinación desde a Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Socorro ata o Santuario dos Milagres, acompañada dunha multitude de xente. A partir da tradicional suba da Virxe ata o domingo seguinte (no que volve), os camiños que nos levan ao Outeiro énchense de devotos e peregrinos, sendo o día 8 o que conta cun maior número de visitantes.
Un arraigado costume daqueles devotos que acoden a visitar a Virxe é a de a tocar ou colocarlle billetes no manto para que se lles cumpran as peticións.
Tamén é característico ver aos peregrinos achegarse á Fonte Santa, posto que a crenza popular lle atribúe propiedades curativas.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

