Evento: Festa da Malla

Festa da Malla
domingo, 21 agosto, 2016 - 11:00
Praza Maior,
Meira

Festa da Malla

Festa de interese turístico de Galicia

A través desta festa rememórase o ancestral labor da malla de cereais, a actividade na que os agricultores separaban o gran (para destinalo a fariña) da palla (para forraxe dos animais).
Veciños e visitantes, que acoden a Meira con motivo das festas patronais, ocupan a Praza Maior, onde é trasladado o trigo (cultívase nun terreo municipal e ségase para a ocasión os días anteriores á festa), para asistir á representación dun esgotador traballo estival que se facía a man ata a introdución das máquinas malladoras con motor. Veciños de Meira e dos arredores participan na demostración da malla. Unha parte faise a man e outra con degranadora mecánica, cun son de gran poder evocador entre as xentes desta terra.
Unha concorrida comida popular, postos de artesanía, unha mostra de maquinaria antiga e actuacións de grupos musicais durante todo o día contribúen a aumentar o interese e a animación desta festa de forte carácter etnográfico.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Vieira de Cambados
18 de xullo a 22 de xullo
Cambados
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
18 de xullo a 22 de xullo
Bouzas
Festa da Dorna de Ribeira
18 de xullo a 24 de xullo
Ribeira
Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela