Evento: Festa das Cereixas
Festa das Cereixas
Para atopar as orixes das feiras de Paiosaco temos que remontarnos á Idade Media. Co tempo, a máis importantes delas foi coñecida como Feira das Cereixas. As orixes desta singular celebración, a máis importante das festas gastronómicas que se realizan no Concello da Laracha, atopámolas en décadas pasadas, cando a produción das cereixas tiña unha grande importancia especialmente na zona do val do Anllóns. Aproveitando que chegaba a época na que o froito vermello comezaba a estar maduro e listo para o seu consumo, os comerciantes vendían na feira do primeiro domingo de xullo gran cantidade dese produto.
Hoxe en día, a pesar de que a comercialización do cobizado froito vermello perdeu importancia e a produción na Laracha é para autoconsumo, mantense o costume de celebrar a xa tradicional Feira das Cereixas.