Evento: Concerto de Cardova Funk
Concerto de Cardova Funk
Cardova son catro compoñentes tocando funk.
Cardova toca o funk que se baila na rúa. Para entender esta afirmación hai que viaxar ao pasado, ao nacemento do hip-hop a principios dos 80, a época na que os mozos e mozas dos guetos de Nova York ou Os Angeles crearon unha tola forma de bailar chamada break dance. Necesitados dunha música rítmica e sincopada que acompañase os seus movementos acudiron ao funk, pero a un funk máis acelerado e trepidante, repleto de baterías primitivas, baixos poderosos e riffs de guitarra simples e directos. Ese é o funk que serviu de base para o desenvolvemento do rap, e ese é o funk que toca Cardova. Un grupo de break-beats, de samplers executados en directo e enlazados un tras outro tecendo unha sesión ininterrompida de funk salvaxe. Un chisco de James Brown, un punto dos Meters, un aroma a soul clásico e deep funk, e coa garantía de ter diante a unha banda cuxos membros militan en grupos de prestixio entre o público e o ambiente funk como Fundación Tony Manero, Os Fulanos ou Chocadelia Internacional.
Máis eventos de tipo Concerto



