Evento: O Videoxogo Galego: unha viaxe interactiva por 40 anos de patrimonio cultural

O Videoxogo Galego: unha viaxe interactiva por 40 anos de patrimonio cultural
luns, 16 novembro, 2026 a domingo, 16 maio, 2027
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

O Videoxogo Galego: unha viaxe interactiva por 40 anos de patrimonio cultural

A Biblioteca de Galicia acolle esta exposición bibliográfica que percorre catro décadas de historia do videoxogo galego a través de máis de 60 pezas, entre videoxogos, libros, artigos, materiais interactivos e ...

A Biblioteca de Galicia acolle esta exposición bibliográfica que percorre catro décadas de historia do videoxogo galego a través de máis de 60 pezas, entre videoxogos, libros, artigos, materiais interactivos e audiovisuais e obxectos promocionais.
A mostra ofrece unha ollada cultural, histórica e social ao sector, desde os seus inicios ata a actualidade. O percorrido, organizado en once bloques cronolóxicos e temáticos, comeza con The Wall (1986), considerado o primeiro videoxogo galego, e inclúe títulos destacados como Cuban Mission, o primeiro comercializado en galego; Merliño, referente no ámbito educativo; Glest, Yuppie Psycho ou a saga Super Woden.
Organizada en colaboración coa Fundación Museo do Videoxogo (MUVI), a exposición combina fondos bibliográficos, demostracións automatizadas, secuencias de xogo e recursos dixitais para achegarse de maneira visual e interactiva á evolución deste patrimonio cultural.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8