Evento: Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose
O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio, con charlas divulgativas os luns do mes de novembro. Tamén se poderán seguir en streaming, nas ligazóns que o museo irá subindo nas redes sociais.
Son as seguintes:
- 2 de novembro: "A igrexa de Santalla de Esperante (Lugo): estudos de investigación e documentación dun monumento excepcional da Gallaecia tardoantiga e altomedieval” por Rubén Darío Álvarez Asorey e Roberto Bartolomé Abraira
A intervención nesta igrexa lucense permitíu descubrir unha fiestra do tipo prerománico asturiano
Poderase seguir na ligazón:
- 9 de novembro: "A vila romana dos Escouredos (Castro de Rei, Lugo)” por Manuel Lestón Gómez
O xacemento dos Escouredos ou de Coega presenta unha edificación de época romana baixoimperial, que ten proporcionado un numeroso conxunto de materiais cerámicos, vidros, etc. e na que se terían desenvolvido actividades relacionadas coa metalurxia
- 16 de novembro: "A Idade do Ferro do Noroeste: notas sobre identidade social, etnicidade e a percepción do «céltico»” por Samuel Nión Álvarez
- 23 de novembro: "Patróns de ocupación no Paleolítico galego: as decisións que moldearon a paisaxe” por Mikel Díaz Rodríguez
- 30 de novembro: "Tongobriga en perspectiva: novas formas de vivir o patrimonio arqueolóxico” por Jorge Sampaio
As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense. A entrada é gratuíta.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense



