Evento: II Xornadas Anuais de Pensamento Galego “Saudade de Ramón Piñeiro”

II Xornadas Anuais de Pensamento Galego “Saudade de Ramón Piñeiro”
xoves, 5 novembro, 2026 a sábado, 7 novembro, 2026
Casa do Concello,
Lugo

II Xornadas Anuais de Pensamento Galego “Saudade de Ramón Piñeiro”

Organizadas en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, celébranse do 5 ao 7 de novembro.

Lugo e Láncara acollerán do 5 ao 7 de novembro de 2026 as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas á figura de Ramón Piñeiro e á súa contribución ao pensamento, á filosofía e á lingua galega. A iniciativa reunirá a especialistas e investigadores nun programa que combina intervencións académicas, actividades culturais e percorridos por espazos relacionados coa vida do intelectual lucense.

As II Xornadas Anuais de Pensamento Galego están promovidas e organizadas por Egeria e Brandán Comunicación, contan co patrocinio da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo, e coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía, a Biblioteca Provincial de Lugo, Editorial Galaxia, a familia de Ramón Piñeiro, o Centro Ramón Piñeiro, a Real Academia Galega, a Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (Fundehsga) e a Fundación Serget. A coordinación científica corresponde a Marcelino Agís Villaverde, Agustín Dosil Maceira, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Xulio Xiz Ramil.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Presentación do libro "Retrato de tres mujeres"
13 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: El silencio del Alma
17 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Conferencias sobre a figura de Valle Inclán no Museo de Belas Artes da Coruña
Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno
29 de outubro a 10 de decembro
Museo de Belas Artes