Evento: Faladoiro de Lucas Ramada

Faladoiro de Lucas Ramada
venres, 6 novembro, 2026 - 17:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Faladoiro de Lucas Ramada

 A cultura dixital pasou a ser unha das esferas de consumo máis determinantes dentro das identidades infantís e xuvenís contemporáneas. Pero, cómo son estes obxectos culturais aos que acceden de xeito maioritario? Cómo dan forma á súa mirada interpretativa e á súa idea do consumo artístico? É toda a cultura dixital tan problemática como a sentimos ou pode ser tamén un interesante espazo de descobrimento artístico co que enriquecer o seu contacto coa ficción? Estamos preparadas para facelo?

Neste faladoiro, Lucas Ramada Prieto, investigador especializado en formas dixitais de ficción infantojuvenil reflexionará sobre todas estas cuestións e falará da importancia da mediación como resposta ante moitas das derivas de consumo e abandonos institucionais nas que caemos con esta forma de cultura.

Lucas Ramada Prieto é investigador e doctor internacional pola Universitat Autónoma de Barcelona, especializado en estética da ficción dixital infantil e xuvenil e a súa relación coa educación artística e literaria dos nenos, nenas e xóvenes. Principalmente ocúpase da formación de docentes, bibliotecarias mediadores culturais para integrar esta forma de arte dentro das súas  prácticas profesionais. Tamén deseña e dirixe programas de mediación con ficción dixital infantil e xuvenil para institucións e equipamentos culturais públicos españois como o Servicio de Bibliotecas da Diputación de Barcelona, a Xunta de Galicia, a Diputación de Lleida  e varias bibliotecas públicas do  territorio estatal.

Salón de Actos: ata completar a capacidade da sala

Hora: 17:00 h.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Presentación do libro: El silencio del Alma
17 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Conferencias sobre a figura de Valle Inclán no Museo de Belas Artes da Coruña
Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno
29 de outubro a 10 de decembro
Museo de Belas Artes