Evento: Faladoiro de Lucas Ramada
Faladoiro de Lucas Ramada
A cultura dixital pasou a ser unha das esferas de consumo máis determinantes dentro das identidades infantís e xuvenís contemporáneas. Pero, cómo son estes obxectos culturais aos que acceden de xeito maioritario? Cómo dan forma á súa mirada interpretativa e á súa idea do consumo artístico? É toda a cultura dixital tan problemática como a sentimos ou pode ser tamén un interesante espazo de descobrimento artístico co que enriquecer o seu contacto coa ficción? Estamos preparadas para facelo?
Neste faladoiro, Lucas Ramada Prieto, investigador especializado en formas dixitais de ficción infantojuvenil reflexionará sobre todas estas cuestións e falará da importancia da mediación como resposta ante moitas das derivas de consumo e abandonos institucionais nas que caemos con esta forma de cultura.
Lucas Ramada Prieto é investigador e doctor internacional pola Universitat Autónoma de Barcelona, especializado en estética da ficción dixital infantil e xuvenil e a súa relación coa educación artística e literaria dos nenos, nenas e xóvenes. Principalmente ocúpase da formación de docentes, bibliotecarias mediadores culturais para integrar esta forma de arte dentro das súas prácticas profesionais. Tamén deseña e dirixe programas de mediación con ficción dixital infantil e xuvenil para institucións e equipamentos culturais públicos españois como o Servicio de Bibliotecas da Diputación de Barcelona, a Xunta de Galicia, a Diputación de Lleida e varias bibliotecas públicas do territorio estatal.
Salón de Actos: ata completar a capacidade da sala
Hora: 17:00 h.



