Evento: Coñece Compostela: Cicatrices, un paseo pola Compostela de 1975 no aniversario da morte do ditador

  • Fotograma derruba edificio Castromil
Coñece Compostela: Cicatrices, un paseo pola Compostela de 1975 no aniversario da morte do ditador
venres, 20 novembro, 2026 - 17:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Coñece Compostela: Cicatrices, un paseo pola Compostela de 1975 no aniversario da morte do ditador

Roteiro da man de Maos

Nova cita das actividades que organizamos dende a biblioteca para coñecer a nosa cidade.

Paseo sobre o acontecido no ano 1975 en Compostela. Pasearemos, sobre todo, a zona nova da cidade, froito da transformación sufrida neses anos e coñecida popularmente na época como o Estreche compostelán. Durante o roteiro, que terá unha duración aproximada de unha hora e media, percorreranse diferentes puntos neurálxicos e de interese relacionados cos acontecementos máis relevantes e conflitivos que se viviron na cidade hai 50 anos. Afondarase na historia dese ano, tanto desde unha perspectiva social da vida cotiá como do impacto político da morte do ditador.

Dirixido a persoas de 14 a 99 anos. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes de que comece a actividade.

Datos da imaxe: fotograma do documental O edificio Castromil (1975) realizado polo Equipo Lupa.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de outubro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Fotografía do arco neomudéxar en homenaxe ao Padre Feijoo
1 de outubro a 31 de outubro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de "La Señorita Detective" e "Federico Mediante. O Salgari español"
30 de outubro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ciclo de conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña
A emigración galega en Cuba
30 de setembro a 28 de outubro
Museo de Belas Artes
Conferencias no Museo Arqueolóxico de Ourense
Arqueoloxía en Monodose
19 de outubro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense