Evento: El maquinista de la general

El maquinista de la general
sábado, 21 novembro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

El maquinista de la general

Buster Keaton, Clyde Bruckman, 1926

Cando estala a Guerra de Secesión, Annabelle pide ao seu mozo Johnnie que se aliste no exército sudista, pero o exercito considérao máis útil na súa profesión de maquinista de tren. Annabelle cre que foi un acto de covardía e decide non falarlle máis. Un ano despois, cando Annabelle ten que viaxar na locomotora de Johnnie para ir ver a seu pai ferido, un grupo de nordistas rouban a locomotora e lévana prisioneira. Keaton representa un mozo traxicómico que se caracteriza por se enfrontar a diversas desgrazas mentres mantén a inexpresividade facial, a se apoiar na capacidade corporal para desenvolver un humor físico de arriscadas acrobacias e negándose a usar dobres. Considerada a súa grande obra mestra, Buster Keaton –a mostrar o peso que para el ten o real no cine– dixo: "mentres uns recorren ás novelas para encontraren argumentos, outros recorren á Historia". Recomendada a partir dos 9 anos.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El jardín de las delicias
4 de novembro
Filmoteca de Galicia
Las corrientes
4 de novembro
Filmoteca de Galicia
Programa curtametraxes: Irmáns, curmáns, tíos
5 de novembro
Filmoteca de Galicia
El káiser de la Atlántida
5 de novembro
Filmoteca de Galicia