Evento: O corpo errante. Exilio español 1939-1975

O corpo errante. Exilio español 1939-1975
mércores, 25 novembro, 2026 a domingo, 14 marzo, 2027
San Domingos de Bonaval s/n,
Santiago de Compostela

O corpo errante. Exilio español 1939-1975

/O corpo errante. Exilio español 1939-1975/, unha exposición que explora a memoria do exilio republicano español a través de obxectos, imaxes e documentos que conservan as pegadas do esforzo por manter vivo un ...

O mércores 25 de novembro, ás 19:00 h, inaugúrase no Museo do Pobo Galego O corpo errante. Exilio español 1939-1975, unha exposición que explora a memoria do exilio republicano español a través de obxectos, imaxes e documentos que conservan as pegadas do esforzo por manter vivo un mundo afectivo e ideolóxico lonxe da terra de orixe.
Realizada polo proxecto Mapas de Memoria da UNED, en colaboración coa Secretaría de Estado de Memoria Democrática, a mostra parte dunha investigación de Jorge Moreno Andrés e Julián López García, responsables tamén do comisariado. O percorrido articúlase en seis espazos que propoñen distintas formas de achegarse á experiencia do exilio: documentos camuflados para cruzar as fronteiras, máis de 1.500 cartas que recrean a correspondencia entre unha nai e o seu fillo exiliado, a cara menos coñecida das imaxes turísticas da España dos anos sesenta e setenta, obxectos ocultos durante o franquismo e as voces de seis mulleres que transmiten a memoria do desterro.
A exposición remata nun faiado simbólico, onde se reúnen os obxectos, cheiros e texturas que acompañan as persoas exiliadas e que falan da identidade e da súa forma de habitar o mundo. Poderá visitarse ata o 14 de marzo de 2027.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8