Evento: Un océano baixo presión: como estamos transformando a vida nas nosas costas
Un océano baixo presión: como estamos transformando a vida nas nosas costas
As zonas costeiras están expostas a múltiples presións derivadas da actividade humana, como o lixo mariño e a contaminación, as especies invasoras, a urbanización, a sobreexplotación ou o cambio climático. Nesta charla centrarémonos nalgunhas destas presións e, en como poden estar conectadas entre sí. Falaremos da presenza e impacto dos macro e microplásticos, dos métodos que empregamos para estudar o lixo mariño e de como os residuos plásticos poden tamén actuar como soporte e medio de transporte para especies non nativas. A través de exemplos de investigación e casos reais, descubriremos como estas presións están a transformar a biodiversidade dos ecosistemas costeiros.
Público familiar.
Sala multiusos (2ª planta).
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos do ciclo Mes da Ciencia