Evento: Palitroques. Víctor González García

Palitroques. Víctor González García
sábado, 21 novembro, 2026 - 11:00 a 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Palitroques. Víctor González García

Dúas sesións: 11:00 e 12:00 h

Palitroques é un taller de arquitectura e xeometría aplicada, desenvolvido a partir dun recurso didáctico que se basea nun sistema construtivo de barras e unións para a montaxe de figuras e estruturas.

Xorde da necesidade de levar ás práctica materias tan teóricas e abstractas como a xeometría, as matemáticas e a física. Este recurso didáctico, desenvolvido a partir da arquitectura, axudaranos a comprender de forma fácil e entretida os fundamentos destas materias.

Desenvólvese de forma práctica como un obradoiro de arquitectura e xeometría aplicada. O obradoiro desenvólvese nun formato de xogo en equipo, no cal deberanse superar diversos retos nun tempo determinado, o mesmo que nunha Xincana Construtiva.

Idade: de 6 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.

Máis eventos do ciclo Mes da Ciencia

Arqueleoxía experimental. Cerámica Aica
7 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
Misión ciencia: descobre experimenta e crea
14 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
Un océano baixo presión: como estamos transformando a vida nas nosas costas
27 de novembro, 19:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
The Smeds and the Smoos
28 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra