Evento: Ficción dixital: os outros videoxogos que non sabías que precisabas
Ficción dixital: os outros videoxogos que non sabías que precisabas
A división da Asociación Americana de Bibliotecas (ALA) adicada á promoción do xogo, celebra en novembro o mes internacional dos xogos. O seu obxectivo é reconectar comunidades, coa implicación das bibliotecas, grazas ao valor educacional, recreativo e social de todo tipo de xogos, tanto de mesa como videoxogos.
Dende a biblioteca, aproveitamos esta iniciativa para achegarvos á chamada ficción dixital. Pero, ¿a que nos referimos cando falamos de ficción dixital? ¿A videoxogos? ¿A historias interactivas? Ven a descubrir a nosa proposta o venres 27 de novembro ás 18:00.
Dende 14 a 30 anos.
Inscríbete dende o día 9 de novembro ás 9:00 a través do seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeEYQw8ogmuLLmexY4J9mcq13ipgsug...



