Evento: Sesión de xogos de mesa no Espazo Xove - 5 de novembro
Sesión de xogos de mesa no Espazo Xove - 5 de novembro
A división da Asociación Americana de Bibliotecas (ALA) adicada á promoción do xogo, celebra en novembro o mes internacional dos xogos. O seu obxectivo é reconectar comunidades, coa implicación das bibliotecas, grazas ao valor educacional, recreativo e social de todo tipo de xogos, tanto de mesa como videoxogos.
Dende a biblioteca, convocamos este mes, xunto coas sesións mensuais habituais de sábado e de mércores, dúas sesións extraordinarias dirixidas a que persoas de máis de 60 anos saian da súa zona de confort e aprendan a xogar a algúns dos xogos de mesa máis populares dos últimos anos.
En horario de mañá, de 11:00 a 12:30, na sala xuvenil.
Inscricións dende o venres anterior á actividade, 30 de outubro, na biblioteca ou chamando aos teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.



