Evento: BIBlIO DEGUSTACIÓN. SUXESTIÓNS LITERARIAS PARA PADAIS INTRÉPIDOS

BIBlIO DEGUSTACIÓN. SUXESTIÓNS LITERARIAS PARA PADAIS INTRÉPIDOS
martes, 3 novembro, 2026 - 19:00
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

BIBlIO DEGUSTACIÓN. SUXESTIÓNS LITERARIAS PARA PADAIS INTRÉPIDOS

Este 3 de novembro, celebramos o Día da Lectura cun menú degustación moi especial na Biblioteca de Galicia. Unha proposta para descubrir novos sabores literarios, compartir suxestións e deixarse sorprender.

Na carta haberá lecturas a baixa temperatura, reducións de recomendacións narrativas, maridaxes de poetas e glaseados de títulos imprescindibles. Non faltarán os clásicos petiscos nin as novidades para a sobremesa.

Para esta experiencia contaremos con tres «chefs» de excepción, que nos descubrirán os seus sabores literarios favoritos: o escritor Jorge Rodríguez Durán, autor de Carnívoras e domésticas; a divulgadora e bookstagramer Inés Arias, detrás da conta @cuncaelibros; e a escritora e artista multidisciplinar Lucía Aldao, autora de Todo isto antes era noite.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Presentación do libro: El silencio del Alma
17 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Conferencias sobre a figura de Valle Inclán no Museo de Belas Artes da Coruña
Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno
29 de outubro a 10 de decembro
Museo de Belas Artes
BibliotecArte!: "A sorpresa do trigo"
9 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés