Evento: Samaín na Ánxel Casal
Samaín na Ánxel Casal
venres, 23 outubro, 2026 a sábado, 7 novembro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Samaín na Ánxel Casal
Mostra bibliográfica para público adulto
Con motivo do día de Defuntos de 2026 expoñemos unha mostra de materiais bibliográficos relacionados coa temática da morte na literatura galega e universal, tendo en conta as distintas tradicións culturais do mundo e incidindo no rico patrimonio etnográfico galego.
Pode visitarse no 2º andar do 23 de outubro ao 7 de novembro.



