Evento: Museo en familia

  • Actividades en familia no Museo das Peregrinacións e de Santiago
Museo en familia
sábado, 31 outubro, 2026 - 17:30
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Museo en familia

Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias

Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos e teatro. Dende setembro a novembro o MDPS pon en marcha a novena edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Este ano celébranse un total de 9 actividades, que se realizarán entre as salas e o auditorio do museo, e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Alí contará novamente coa colaboración da Fundación Andrea e a Fundación Asanog, para a atención de nenos/as hospitalizados/as. Do mesmo xeito, volverá contar coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados. 

As actividades están deseñadas para establecer unha conexión coas temáticas e os fondos artísticos do centro, o que pretende achegar e facer máis accesible o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e, ás veces, tan descoñecido.

Para as reservas, entra nesta páxina do Museo para facer a inscrición e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions@xunta.gal  

SETEMBRO

19/09/2026
Obradoiro: «Instrumentos tradicionais de percusión»
Sanín
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]. Información en pictogramas CIMA / Allure

26/09/2026
Obradoiro: «Investigando polo museo»
11:30 - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]. Información pictograma CIMA / Allure

Obradoiro de investigación relacionando as diferentes temáticas do museo. Caderno en man, relacionamos, pintamos, observamos e...descubrimos.

OUTUBRO

03/10/2026
Obradoiro: «Re ciclamos, Re construímos, Re tocamos»
11:30 - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG]. Información pictograma CIMA/Allure
[*Necesaria inscrición previa]

Nesta actividade coñeceremos a evolución e as posibilidades de facer son con elementos cotiás.

17/10/2026
«Olladas converxentes», teatro inmersivo
11:30 - 13:00
Todos os públicos
Entrada libre ata completar aforo

Información pictogramas CIMA / Allure

24/10/2026
Obradoiro: «Pai, fillo, nai»
17:30 - 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Acto pechado, non admite inscricións]. Información pictograma CIMA/Allure
[Fundación Andrea / Fundación Asanog]

31/10/2026
Obradoiro: «Re ciclamos, Re construímos, Re tocamos»
17:30  - 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Acto pechado, non admite inscricións]. Información pictograma CIMA / Allure 
[Fundación Andrea / Fundación Asanog]

NOVEMBRO

14/11/2026
Obradoiro: «Pai, fillo, nai»
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 3 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG]. Información pictograma CIMA / Allure
[*Necesaria inscrición previa]

Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.

 21/11/2026
Obradoiro: «Instrumentos tradicionais de percusión»
Hospital Clínico de Santiago_CHUS
[Acto pechado, non admite inscricións]. Información en pictogramas CIMA / Allure
[Fundación Andrea / Fundación Asanog]

28/11/2026
Concerto Inauguración exposición: «MEF26»
18:00
Público recomendado: todos os públicos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG]. Información pictograma CIMA / Allure 
Entrada libre ata completar aforo

Presentación da exposición creada cos materiais dos obradoiros. Para poñer o ramo á inauguración, haberá un pequeno concerto de Sabela Dacal e Rafa Otero.

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2026-27
16 de setembro a 28 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Mes dos libros prohibidos: que é a censura?
5 de outubro a 31 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense