Evento: Libros intervidos artisticamente

  • Libros intervidos
Libros intervidos artisticamente
martes, 3 novembro, 2026 a martes, 17 novembro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Libros intervidos artisticamente

Exposición do artista compostelán Nolo Suárez

Cedemos o espazo para acoller esta exposición de Nolo Suárez formada por obras realizadas en técnicas mixtas, sobre tabla e algunha sobre lenzo, con diversos textos, páxinas, e libros encolados e pintados.

Ao estableceren diálogos entre distintas artes, os libros intervidos abren novos camiños á exploración, á innovación e á sensibilidade, enriquecendo a nosa contorna cultural.

Con esta filosofía preséntase esta mostra de volumes xa lidos e viaxados que agora emprenden unha nova singradura, máis visual e artística, para lembrarnos que os libros e a lectura son fundamentais para alimentar as nosas vidas, ideas e soños.

No vestíbulo do 3 ao 17 de novembro. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8