Evento: Arqueoloxía experimental

Arqueoloxía experimental
sábado, 21 novembro, 2026 - 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Arqueoloxía experimental

A cargo de Tir Na N'og

Obradoiro de arqueoloxía experimental no que os participantes se converten nos protagonistas no proceso de creación dunha peza de cerámica de estilo castrexo: a fusaiola, e no que exploraremos a decoración, a forma e función desta pequena e sinxela ferramenta, pero de extrema importancia na vida cotiá na Prehistoria e que chegou ata os nosos días case sen cambios.

Duración: 60 minutos

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:00 h.

Quenda 2: 12:00-13:00 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 12 de novembro ás 08:30 h. a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de realizar a inscrición nas dúas quendas, e resultar admitida en ambas, asignaráselle praza na quenda na que se inscribise primeiro.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.

Reaccións en cadea
7 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca
7 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo
Contiños na biblio - contacontos pequenos científicos - martes 10
10 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Construción e programación de robots
14 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña