Evento: Día europeo das linguas
Día europeo das linguas
luns, 21 setembro, 2026 a sábado, 31 outubro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Día europeo das linguas
Mostra bibliográfica
O 26 de setembro celébrase o Día europeo das linguas para amosar a gran variedade de linguas que existen en Europa, animar á xente a estudar novos idiomas e axudar as persoas a entenderse mellor e respectar as súas diferenzas.
Para conmemoralo, presentamos esta elección de obras da nosa colección: lingüística, obras de ficción e gramáticas en diferentes linguas europeas. Podedes consultalas nos postos de lectura da biblioteca ou levalas en préstamo.
No 2º andar.



