Evento: ECLIPSES: Sombras celestes en movemento. Presentación da versión galega do libro.
ECLIPSES: Sombras celestes en movemento. Presentación da versión galega do libro.
A eclipse solar do 12 de agosto xa terminou, máis aínda mantemos viva a emoción e o seu efecto e quedan dúas eclipses solares que podemos observar nos anos 2027 e 2028.
Seguimos por tanto con actividades e nesta ocasión as entidades participantes convidamos ás familias e ao público xeral a descubrir a ciencia destes fenómenos celestes nunha experiencia que une ciencia, maxia e sombras.
En primeiro lugar se celebrará o coloquio “Cando a luz desaparece”, no que a autora e ilustradora Noemí Fabra e a científica Montserrat Villar do Centro de Astrobioloxía (CAB) CSIC-INTA, compartirán o proceso de creación do libro xuvenil “Eclipses: Cando a luz desaparece”. Tamén farán un percorrido pola ciencia solar e a pegada cultural das eclipses na humanidade ao longo da historia.
O libro forma parte da colección Mentes Curiosas, Curiosas Mentes (Editorial CSIC e Zahorí Books), dirixida por Pura Fernández (Vicepresidenta adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC), dispoñible en galego, castelán e euskera.
A continuación, gozaremos do espectáculo “Sombras celestes en movemento” no que o ilusionista Nacho González combinará a maxia coas sombras chinesas para achegar dun xeito orixinal e ameno a importancia das eclipses a nivel científico, histórico e cultural. Cada truco amosará curiosidades deste fenómeno tan excepcional como fascinante.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso
