Evento: Únicos

Únicos
domingo, 1 novembro, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Un espectáculo de DA.TE Danza

Con Únicos, DÁ.TE Danza presenta unha creación de danza contemporánea dirixida á infancia (3 a 6 anos) e público familiar que explora como se constrúe a identidade desde os primeiros anos de vida. A peza aborda o proceso de recoñecerse, desequilibrarse, transformarse e atopar o propio centro, entendendo a infancia como un territorio fértil onde o eu aínda se está configurando.

Inspirada nas esculturas cinéticas de Alexander Calder, a proposta utiliza o equilibrio, a mobilidade e a fraxilidade como metáforas do crecemento interior. En escena, dous corpos dialogan desde o incerto, tenteando formas de ser e de estar no mundo, nunha dramaturxia física e poética onde a danza se converte en estrutura de pensamento. Únicos propón unha viaxe existencial accesible, sensible e dinámica, que invita a preguntarse: Cando deixamos de ser quen somos? Canto peso ten a mirada externa na nosa identidade? Somos o que outros din que somos?

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grúfalo
27 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
#Influencers
29 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Cincuenta, solteira e sen guión
29 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Coralinda
30 de outubro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra