Evento: Rosalía, a filla do mar
Rosalía, a filla do mar
Rosalía, a filla do mar
Unha peza de Pena Furada Teatro no marco do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán
Rosalía, a filla do mar é unha proposta teatral que revisita os episodios vitais menos coñecidos de Rosalía de Castro, achegándose á autora desde unha mirada íntima, humana e familiar. A obra constrúese a partir da voz de Gala Murguía de Castro, unha das fillas da escritora e a última compoñente viva da familia, quen actúa como fío condutor do relato. A través dela descubrimos non só á Rosalía poeta e intelectual, senón tamén á nai, á muller e á persoa que viviu nun tempo complexo, marcado polas dificultades económicas, sociais e emocionais.
