Evento: As nenas raras non van ó ceo
As nenas raras non van ó ceo
As nenas raras non van ó ceo
Unha peza do Grupo de teatro Disfución Continua no marco do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán
Pippi, Wendy, Heidi e Mary Poppins esperan na residencia "Felices para sempre" a ser desafiuzadas polo malvado doutor Grimm. A repentina morte da súa amiga Carapuchiña Vermella fará que nosas catro heroínas teñan que levar a cabo o plan máis absurdo e inconcibible posible para poder quedar na súa querida residencia para maiores... pero un plan levado a cabo por catro tolas pode ser máis imprevisible do que calquera de nós poida imaxinar.
Máis eventos de tipo Espectáculo

