Evento: Arqueoloxía en Monodose

  • Conferencias no Museo Arqueolóxico de Ourense
  • 5 de outubro
  • 19 de outubro
  • 26 de outubro
Arqueoloxía en Monodose
luns, 5 outubro, 2026 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Conferencias para divulgar diferentes aspectos da arqueoloxía

O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio, con charlas divulgativas os luns do mes de outubro. Tamén se poderán seguir en streaming, nas ligazóns que o museo irá subindo nas redes sociais.

Son as seguintes: 

- 5 de outubro: "O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)” por Mario César Vila

As obras da alta velocidade na antiga liña ferroviaria permitiron coñecer unha necrópole romana, dous niveis de calzada de época antiga, restos de edificacións, pozos, un forno cerámico e obras de infraestrutura asociadas á calzada e unha zona artesanal.

Poderase seguir na ligazón: https://youtube.com/live/XhA2jbyTO3U?feature=share

- 19 de outubro: "Ti de quen vés sendo?: A industria lítica como indicador de mobilidade na Prehistoria recente no Alto Támega transfronteirizo” por Lucía Rodríguez Álvarez

O estudo dos recursos líticos empregados na obtención de artefactos, elaboración de estruturas, etc, permiten coñecer aspectos da mobilidade das sociedades prehistóricas que se descoñecían.

Poderase seguir na ligazón: https://www.youtube.com/live/3VpcBBKTO_4

- 26 de outubro: "Termas de Lugo” por Santiago Vázquez Collazo e Francisco Alonso Toucido

Durante o verán de 2025, e grazas á promoción da Fundación L.Monteagudo, realizouse unha escavación en área na denominada piscina do balneario de Lugo. O traballo deixou á vista un estanque de cronoloxía romana no que os ambientes acuosos permitiron conservar materia orgánica de maneira excepcional.

Poderase seguir na ligazón: https://youtube.com/live/HcGwU5q_JPs?feature=share

 

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense. A entrada é gratuíta.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Entre pastores y lobos
Entre pastores e lobos
20 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Encontro cultural transfronteirizo no Museo Etnolóxico de Ribadavia
CON-VIVIO
21 de novembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Portada da publicación da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Os campaniformes da Portela da Moada
1 de novembro a 30 de novembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense