Evento: A fortaleza

A fortaleza
venres, 6 novembro, 2026 - 20:30
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Coprodución do Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Expressão Ibérica

A Fortaleza era o nome de guerra dunha casa: a casa de Consuelo Rodríguez López, onde se agochaban fuxidos e guerrilleiros ata o día en que, baleirada a casa pola violencia fascista, Chelo marchou ao monte. Cheliño, chámalle Aurora Marco, investigadora e autora do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, do que parte o espectáculo de teatro A Fortaleza.

O proxecto da compañía A Feroz e dirixido por Raquel S. pensa a historia da resistencia das mulleres en Galiza, cuestionando como a memoria se foi escribindo ao longo dos anos: con que termos, con que palabras, con que mans.

En escena articulamos o plano da memoria histórica –contando historias de varias mulleres na guerrilla– co plano do xesto arqueolóxico, no que un equipo de arqueólogos teatrais procura pensar cal é o papel da escena na divulgación e cuestionamento da historia: con quen falamos? Que queremos dicir? Como usamos palabras e mans que nos permitan relacionarnos con esta historia violenta, para que nunca se repita? Aurora Marco compartirá o espazo de escena con Bea Romero, Gustavo Freire, Lorena Conde, Inés Salvado Gontad e Mariana Leite Soares, na música, confundindo as prácticas teatrais, de investigación e arqueolóxicas e procurando ollar para esta historia dun lugar onde ela, de novo, nos interpele. 

Ficha artística

Creación: A Feroz
Dirección: Raquel S.
Texto colectivo a partir de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
Interpretación e cocreación: Aurora Marco, Bea Romero, Inés Salvado Gontad, Gustavo Freire, Lorena Conde e Mariana Leite Soares
Deseño de luz: Raul Giraldo
Composición e deseño de son: Mariana Leite Soares
Escenografía: Cristóvão Neto
Figurinos: A Feroz
Produción, comunicación e distribución: Nuno Eusébio
Gaita galega: Roberto Rama
Asistencia á construción de escenografía: Beatriz Prada e Filipe Ferreira
Operación de son: Miguel Serrão
Coprodución: Festival Internacional de Expressão Ibérica (FITEI) e Centro Dramático Galego

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

os-dous-de-sempre
Mofa e Befa: Os dous de sempre
5 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
O sangue das promesas: Incendios
5 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
a biblioteca galáctica
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica
6 de novembro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Coralinda
6 de novembro, 20:00
Centro Socio Cultural de Abanqueiro - Boiro - A Coruña