Evento: Ourense e a auga
Ourense e a auga
Ourense e a auga
Hai auga que nace fría e auga que nace ardendo. Nas terras do Xurés, o monte garda un segredo térmico que os nosos devanceiros xa coñecían hai séculos.
No obradoiro "Ourense e a auga" situaremos no mapa as termas que salpican a nosa provincia (Bande, Lobios e moitas máis) e entenderemos por que este territorio leva milenios fervendo baixo os nosos pés.
Actividade aberta a todos os públicos
Horario: 10:30h - 11:20h
Lugar: Porta do Xurés, Concello de Muíños



