Evento: O caracol das palabras con Bea Iglesias

O caracol das palabras con Bea Iglesias
xoves, 27 agosto, 2026 - 11:30
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

O caracol das palabras con Bea Iglesias

O último dos obradoiros creativos de agosto será un espazo participativo para descubir o narrador que todas e todos levamos dentro. A través de xogos, improvisación, expresión corporal, voz, silencios, emocións, ilustracións e monicreques, este obradoiro convida a explorar a maxia dos contos e o poder da imaxinación. 

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos. 

Duración aproximada de 1.30 h.

As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente dende o venres anterior á actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de ciencia e tecnoloxia
31 de agosto a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contamos Historias en Viñetas
1 de setembro a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola