Evento: Malquerida
Malquerida
Na facenda de verán de Esteban e Raimunda, celébrase a pedida de voda, de Acacia con Faustino. Ao quedar Raimunda viúva contraeu matrimonio con Esteban, odiado pola súa fillastra.
A traxedia cérnese cando matan o noivo a noite da pedida. Os fillos do tío Eusebio, pai do asasinado, acusan o sobriño de Raimunda, quen foi o primeiro pretendente de Acacia, pero outros no pobo saben que é inocente.
Comeza a escoitarse unha copla polas rúas: “O que queira á do Soto… ten pena da vida. Por querela quen a quere dinlle… a Malquerida”
O cerco estréitase e os desexos ocultos e prohibidos empezan a aflorar. O Rubio, capataz da facenda, alimenta as rivalidades entre as familias.
Raimunda decidida a descubrir a verdade, non descansará ata atopar esa luz que, como o lume, arrasará todos os seus soños.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Natalia Menéndez
Autoría: Natalia Menéndez e Juan Carlos Rubio
Reparto:
Aitana Sánchez-Gijón como Raimunda
Juan Carlos Vellido como Esteban
Lucía Juárez como Acacia
Goizalde Núñez como Juliana
José Luís Alcobendas como Eusebio
Daní Pérez Prada como El Rubio
Álex Mola como Norberto
Actor sin confirmar como Faustino
EQUIPO ARTÍSTICO
NATALIA MENÉNDEZ Dirección e adaptación
JUAN CARLOS RUBIO Adaptación
ALFONSO BARAJAS (AAPEE) Deseño de escenografía
JUAN GÓMEZ CORNEJO Deseño de Iluminación
RAFAEL GARRIGÓS Deseño de vestiario
MARIANO MARÍN Música e espazo sonoro
RUBÉN SALGUEIROS Deseño gráfico
MARCOS G PUNTO Foto escénica
MAJO MORENO Axudantía de dirección
ANDREA MERCHÁN (AAPEE) Axudantía de escenografía
ANA GUARNIZO Dirección de produción
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios