Evento: As pitas baixo a choiva
As pitas baixo a choiva
As pitas baixo a choiva
A cargo de Teatro dos Ghazafelhos
Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ate pechalas no curral… coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e siga a xogar con elas.
Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika, Amores Serodios.
Outras datas
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
8 de outubro, 20:15
Edificio Multiúsos - Monforte de Lemos - Lugo
9 de outubro, 11:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
9 de outubro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
