Evento: Alicia Wants To
Alicia Wants To
Alicia Wants To
Un espectáculo de Bengala Teatro Físico
Alicia Wants To combina realismo máxico e crueza social para contar a historia de Alicia, unha adolescente en situación de vulnerabilidade que se reencontra coa súa nai tras ser expulsada dun centro de menores. A través dunha partida de xadrez, o público participa activamente na toma de decisións que determinan o curso da historia, reflexionando sobre a desigualdade, a exclusión social e a violencia da xustiza patriarcal.
Ficha artística
Autoría e dirección: An González
Escenografía: Bengala Teatro Físico
Deseño son: Dyango Pérez
Deseño iluminación: Jorge Castro
Vestiario: Elisa Díaz
Elenco artístico: Andrea Maseda, Estrella Tomé, Estela del Río e Alexia Villar
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
9 de outubro, 11:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
9 de outubro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
9 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
